ACTIVIDADES 2019

En Agosto de 2019 realizamos diversas actividades dentro do proceso Historias de Vilachá. Estas actividades teñen como finalidade reactivar o tecido social e cultural da parroquia de Vilachá, que ten unha poboación de 200 habitantes e pertence ao concello de Monfero.

As actividades realizáronse na antiga escola veciñal da parroquia, e son unha prolongación do proceso que empezou en 2018, no que realizamos unha publicación en libro, un mapa e esta web.

Retratos de Vilachá

retratos2 IMPRIMIR

Durante os días 30 de Xullo, 1 e 3 de Agosto realizamos a actividade de Retratos de Vilachá, na antiga escola da parroquia. Unha xuntanza na que a modo de obradoiro aprendemos e compartimos diversos xeitos de entender o retrato da man do artista plástico e dinamizador da actividade José Jurado.

A actividade enmárcase no proceso Historias de Vilachá 2019.
Realizamos diversas dinámicas de retrato colectivo e individual e fixemos diversos exercicios con técnicas de debuxo, acuarela e acrílico.

Fixemos unha exposición na parte darriba da escola con todos os debuixos e pinturas.

expo-web

+ info e fotos de esta actividade na publicación de RuralC

Encontros de costura creativa

encontros costura

Os días 6, 8 e 10 de Agosto realizamos os encontros de costura creativa na antiga escola veciñal de Vilachá, Monfero, no marco das actividades de Historias de Vilachá 2019.
Os encontros xurdiron a partires do relato “A trenza loura do faiado”, e tiñan como propósito reciclar as sabas vellas feitas nas casas da parroquia e transformalas noutras prendas.

O liño plantábase aquí na casa, e da planta logo sacaban o fío e facían nobelos.
Eu usaría as sabas de antes porque son preciosas, pero o tamaño non chega para as camas grandes que hai agora.
As sabas baixeiras ben se ve as que son, aínda que non teñan gomas, porque son máis grosas. Chamábanlles sabos, eran feitas só de liño. As sabas de arriba facíanse de algodón, e chamábanlles lenzos.

Para dinamizar a actividade contamos coa patronista Lydia Ramos, que preparou moitos posibles patróns para transformar as sabas, ensinounos recursos e axudounos no proceso de creación das prendas.

Transformamos a escola nun taller de costura, dispuxemos máquinas de coser, remalladoras, ferro, etc, e trouxemos os materiais necesarios de costura, tales como fíos, tesoiras, papel de patronaxe, regras; Así como elementos decorativos diversos como reberetes, bieses, vivos, etc, e selos para estampar.

Fixemos da escola un obradoiro de costura por unha semana, e eu fun todos os días, fun mesmo fóra das horas das clases, para ir avanzando coas miñas prendas, comenta un veciño.

Durante a semana de encontros de costura realizáronse diversas prendas como mandilóns, porta-bocatas, cortiña decorativa, fundas de móbiles, camisas e unha saia.
Algunhas veciñas levaron copias dos patróns para as súas casas para continuar facendo novas prendas.

Unha vez iniciados, agardamos continuar con estes encontros de costura creativa na escola, contando coa colaboración das veciñas de Vilachá, que tan ben aprenderon a coser na súa xuventude.

+ info e fotos desta actividade na publicación de RuralC

Primeira andaina das Historias de Vilachá

Andaina das Historias

O sábado 17 de Agosto fixemos a andaina das Historias de Vilachá.
A actividade consistiu nun roteiro polos lugares emblemáticos onde suceden algunhas das historias e relatos que aparecen no libro publicado no 2018, facendo lectura dos relatos nas paradas.
Formamos un grupo de 19 persoas, a maioría veciñas da parroquia. A actividade foi dinamizada por Vanesa Castro, veciña da parroquia e axitadora cultural.

Comezamos no Cruceiro, e acercámonos até o adro da Igrexa onde fixemos unha introducción lembrando as veciñas e veciños que xa non están con nós, e que forman parte da memoria viva da parroquia. Neste lugar lemos:  O velorio e as visitas, O enterro e A tortilla.
Partimos até o Loureiro, paramos na casa de Consuelo, e recordámola. Lemos A madeira, As papas de fariña, Odín, e Eras boa para ser cativo. Estivemos falando do pan branco de Vilachá, do maínzo para as papas, e das sementes autóctonas.
A seguinte parada foi no cruce das brañas embaixo do Feal. Alí falamos das granxas de vacas, e lemos As vacas, A visita e As flores das brañas.
Continuamos até a ponte que vai de Goente ao Casal, onde lemos O río, As troitas e As pontes. E de ahí fomos bordeando o coto de Fradiz até baixar á ponte e ao muíño do Loureiro, lugar onde sucedeu A paga de Pascua e onde lemos tamén Os muíños.
Fomos até o Piñeiro e baixamos á antiga Presa de Rexo onde lemos A presa , O libro do indiano e O pedrazo. Aínda que comezaba a chover un pouco paramos na ponte do Piñeiro e estivemos vendo as antigas chantas e falando da pesca das troitas.Logo tomamos o camiño para A lagoa, antigo campo de fútbol da parroquia, onde se coñeceron os primeiros balóns de coiro. Alí lemos A pelota de pau e estivemos rememorando onde estaban as porterías e onde se sentaba a xente a ver os partidos.
Tras dúas hora e media de camiñata fomos acabar ao Bar do Cruceiro, onde lemos algunhas historias relacionadas co Bar, como O teléfono, A radio e A tele.
Foi unha tarde de lecturas, aventuras, lembranzas e veciñanza.
Unha veciña comentaba, canto vou soñar esta noite

+ info e fotos desta actividade na publicación de RuralC

Paseo pola fauna e flora

Paseo fauna e flora

O sábado 24 e domingo 25 de Agosto, dentro do proceso Historias de Vilachá 2019, realizamos esta actividade que tiña como finalidade descubrir o ecosistema dos ríos, as plantas, os animáis, os hábitats, os lugares e as características propias da fauna e flora da parroquia de Vilachá.
Dinamizou a actividade o biólogo de Monfero Julián Carballeira. Durante as dúas sesións participaron un total de 30 persoas veciñas da comarca.

Na primeira sesión amosounos unha presentación que recollía numerosas especies de plantas e insectos. Poidemos ver un herbario e diversos cogumelos e formas de conservación.
Demos unha volta polo terreo do redor da escola para compartir coñecementos, detectar especies silvestres e recoñecer as diferentes árbores do entorno e as súas características.

A segunda sesión consistiu nunha andaina polo río Anduriña, para poñer en práctica os coñecementos da sesión teórica. Formamos un grupo e adentrámonos na ruta dos antigos muíños. Pasamos pola Fonte dos Mouros e fomos andando até Porto.

Durante a andaina vimos diversas especies de fieitos, musgos, líquenes e plantas, árbores, rastros de animais, cogumelos tipo Leccinum, Russulaceas, Yesqueras e Ganodermas, entre outras, e diversos anfibios e réptiles, como a Salamandra Rabilonga (Chioglossa lusitánica), unha das xoias faunísticas da nosa comarca. Único representante actual do seu xénero, sobrevivente da fauna que habitou no Terciario os bosques termófilos europeos.

Fixéronse ramos de flores, collemos algúns bugallos e aprendemos a detectar especies de plantas con apps para móbiles.
Acabamos de volta na escola de Vilachá, onde a xente continuou falando. Xa temos aberto un grupo de Whatsapp chamado “Fauna e flora da comarca”, onde seguimos compartindo información, dúbidas imaxes e descubrimentos.

+ info e fotos de esta actividade na publicación de RuralC

Segunda andaina das Historias de Vilachá

Andaina2-das-Historias-WEB

Naveira-IMG_8556-WEB

mart-IMG_8571-WEB+ info e fotos de esta actividade na publicación de RuralC

Visita aos petróglifos de Vilachá

Visita-aos-petroglifos-WEB

O sábado 12 de Outubro do 2019 fixemos a visita aos petróglifos de Vilachá co arqueólogo Antón Malde. Quedamos ás 19:00 no Cruceiro, formamos un grupo dunhas 35 persoas. Dende alí fumos camiñando por Fonte da Vila, Casanova, o Pedrón e o Souto ate a pista que baixa cara a Avercobo. Chegamos ao lugar dos petróglifos á tardiña. Visitamos o conxunto de petróglifos de Edreiros, 1, 2 e 3.

+ info e fotos de esta actividade na publicación de RuralC

Mapeando a parroquia

Mapeando-a-parroquia-WEB

No obradoiro de alfabetización dixital aprendimos conceptos básicos de internet e escaneamos fotos antigas.

Voltamos a funcionalidade pedagógica á antiga escola de Vilachá, rememorando o uso que se lle deu no 1969 para alfabetización de maiores, pero actualizánndoo os contidos ao momento actual , para o aprendizaxe cos medios dixitais.

Destacamos a participación dunha alumna que acudiu todolos días, e que foi a primeira vez que tiña contacto con dispositivos dixitais.