LIBROS

LIBRO 2019

IMG_0052-libros-WEBx

Os relatos recollidos son froito das conversas nas cociñas, de paseos, de derivas pola parroquia, de deixarnos levar dun ao outro lado, dunha casa a outra, de entrar nos faiados, nas palleiras, de mirar o antigo, e de mirar o novo.

Son fragmentos de conversacións, fragmentos das casas e das vidas da parroquia. Son casas vendo pasar distintas xeracións, sufrindo reformas, adaptándose aos tempos, permanecendo no territorio, mantendo vivos os lugares. Son obxectos que perduran e cambiaron a súa utilidade, outros que quedaron sen uso, pero perviven polo seu valor emocional. Son vidas que foron fundar vida, outras que quedaron ao cargo da casa, a cargo doutras persoas, a cargo do gando, dos montes e das leiras. Son costumes, cambios tecnolóxicos, oficios que se gañaron, técnicas que se perderon. Son lembranzas da vida pasada, pero tamén visións de futuro, cheiros e sabores que perduran na memoria, que son parte do presente, e que probablemente perdurarán moito máis ca nós.

O libro Hai que andar é unha edición de 120 exemplares. A mitade deles foron regalados entre as persoas veciñas que participaron no proceso e as que viñeron ao acto de presentación, mais algunhas institucións ou bibliotecas. Ainda hai algúns exemplares á venda.

Producido pola Asociación RuralC. Escrito por Vanesa Castro e Iñaki López. Maquetación, deseño, web e ilustracións por Iñaki López. Edición por Vanesa Castro.

Realizado en Vilachá, Monfero, 2019.

Se estás interesada en adquirir un libro, contacta por mail con hola@ruralc.com

 

LIBRO 2018

libro suelo

 Fomos visitando algunhas persoas dos diferentes lugares da parroquia, interrompendo o seu día a día na procura de historias. Axudamos nas labores que interrompemos e fomos ben acollidas en cada cociña que visitamos. Visitamos persoas de diversas idades tendo especial atención ás máis maiores.

   As visitas foron abrindo e confirmando fíos narrativos e as testemuñas recollidas serviron de fondo para irmos construíndo os diversos relatos. Moitas destas historias e vivencias son comúns, e foron contadas por diferentes persoas. A nosa misión foi agrupalas, darlles unha estrutura e achegarlles algo de enxeño. Na construción dos textos tratamos de manter a fala e as expresións da parroquia. As narracións están construídas como un relato común e compartido.

   As historias trasládannos a diferentes pasados. Hai varios relatos que contan anécdotas de épocas moi antigas e recorren a documentación histórica como o Catastro de Ensenada. Moitos outros fálannos dos principios do século XX e das décadas dos 40, 50, 60, até chegar a actualidade. Acceder a estes pasados permítenos ter unha ollada temporal sobre o territorio e ter unha visión comparativa co presente.

O libro Historias de Vilachá 2018 é unha edición de 200 exemplares. A mitade deles foron regalado entre as persoas veciñas que participaron no proceso e as que viñeron ao acto de presentación, mais algunhas institucións ou bibliotecas. Ainda hai algúns exemplares á venda.

Producido pola Asociación RuralC. Escrito por Vanesa Castro e Iñaki López. Maquetación, deseño, web e ilustracións por Iñaki López. Edición por Vanesa Castro. Coa colaboración de EltioCarlos Pichardo, Lourdes de Ourovello e Rosa Espiñeira.

Realizado en Vilachá, Monfero, 2018.

Se estás interesada en adquirir un libro, contacta por mail con hola@ruralc.com

AQUÍ podes baixar a versión .PDF