A continuación engadimos links e notas bibliográficas. Toda a documentación ten relación coa parroquia de Vilachá ou co Concello de Monfero.
Gravados rupestres no Concello de Monfero.
GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS. Anuario Brigantino, 2016.
Catastro do Marqués de Ensenada en Vilachá.
Traballo de campo De Carmelo Lisón Tolosana e Julia Donald en Monfero, no ano 1965.
CULTURA E CAMBIO MATERIAL. O SIGNIFICADO DAS COUSAS A TRAVÉS DO TEMPO.
Silvia Fernández Vázquez. Premio de Investigación Concello de Pontedeume 2004.
Documento medieval galego do ano 1289. Edición filolóxica, por José-Martinho Montero Santalha.
Herencia familiar y cultural en la ruralía. Artículo de José Fernández de Rota y Monter.
La antropología gallega a debate. Artículo de José Fernández de Rota y Monter.
Bibliografía a partires do traballo de campo recollido en Vilachá e noutras parroquias de Monfero:
Libro: Su majestad el indiano con sus locuras
O traballo de campo de José Antonio Fernández de Rota e de Pilar Irimia en zonas rurais de Galicia publicouse nunha triloxía composta por Antropología de un viejo paisaje gallego (1984), Gallegos ante un espejo: Imaginación antropológica en la Historia (1987) y Protagonistas de la Economía Básica (1998).
Antropología de un viejo paisaje gallego. 1984.
ISBN 978-84-7476-078-1
Gallegos ante un espejo: imaginación antropológica en la historia. 1987.
ISBN 978-84-7492-348-3
Los protagonistas de la economía básica. 1998.
ISBN 978-84-89652-81-1
Jerarquía, espacio y sociedad en tierras de Monfero. Antiguo Sistema.
ISBN 978-84-300-7609-3
Tamén a partires de material recollido en Vilachá e noutros lugares de Monfero, temos:
Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega.
Carmelo Lisón Tolosana. 1984.
ISBN 978-84-460-2161-2
Notas extraídas do Traballo de campo De Carmelo Lisón Tolosana e Julia Donald en Monfero, no ano 1965. :
(páx. 5) San Xoán. Véspera. Sálvote lume de San Xoán que non me trabe cobra nin can. Aquí en Portocobo fanno. Antes facíano nun sitio que chaman Macherego (Hoxe está alí o cemiterio).
“Alí antigamente non soamente salvaban o lume, se non que xuntaban até carros de leña, e traían un gaiteiro, ou unha pandeireta, ou un individuo cunha flauta. E alí festexaban esa noite até o mencer. Isto fíxose até hai uns 35 anos”.
“Dicían que era moi avogoso pasar o gando por riba das cinzas do lume; era para a sorte. Ao día seguinte todo o mundo traía o gando e pasábao por riba. Agora hai varios lugares nos que o fan. Débese a que isto decae, porque estas eran cousas de xuventude, adícanse agora a outras cosas, ao mellor hai un baile de salón, ou hai unha xuntanza no bar (reunión de pandilla) ou calquera cousa e distrae toda esa tradición”.
Facían a auga de rosas, “ fanno aínda hoxe, porque disque ten mérito a auga esa de San Xoán. Ao mencer lávanse. Esto fanno as mulleres”.
“Dicían: bueno, están dando as 12 (da noite, na véspera), vamos á fonte de tal sitio a ver se recollemos a auga, e ían recoller a auga, e o que ía poñía un ramo, para que se soubese, porque din que a primeira era a do mérito.
Enramaban as luces das casas, a véspera de San Xoán. A ama da casa non lle esquecía, e dicía a calquera rapaza, oe rapaz, a enramar as ventanas que á noite veñen as meigas, e que ían a bañarse aos cacharros do leite. O enramado das casas levábase a cabo, fóra meigas, e as meigas non entraban. Vaise perdendo o enramado.
(páx. 13)
Que é a compaña Santa? Din que son os que acompañan o enterro….
Os óleos – o medo dos curas – soñaban.
(páx. 15) A compaña mala.
(páx. 16) Compaña mala / Compaña boa… deixaba paso aos transeúntes.
(páx. 17) Xaxún na Coresma, cura capaz de dicirlle a vostede “está condenado a los infiernos”.
(páx.18) A cabeza – vaite de aquí que estás condenado – o cerebro ten que soñar, esas visións fundaméntanse niso (páx.19).
(páx. 22) Fan un baño de auga con cebola, coas ramas da cebola tamén e con este baño lavan os pés da parturienta e isto axuda ao parto.
Despois do parto a muller levántase aos 8 días, pero en dous meses non traballa nin molla as mans, come moito e ben, tazas de chocolate, caldo de polo e galiña, viños doces.
(páx. 24) Cando eu era novo era costume ir ver ás mozas, e meterse na cama, vestidos os dous, con elas. Había unha cama na cociña xa para isto, na lareira, e se non, a cama estaba noutra habitación enriba. Dicíalle ademais que nunca facían nada cando estaban na cama.
(páx. 25) Millora. Termar a casa… hai ese constume.. conservar a existenza da casa en pé dende que o testador faleza.
(páx. 27) Abandono dos fillos, persoas maiores soas. Sós nunha casa.
Morriña.
(páx. 29) Estar a xeito.
(páx. 30) Cartixeira (de botar as cartas) botáballes as cartas e díxolles cousas tan bonitas que logo todas as noites querían.
(páx. 34) Anécdota da muller que pensou que matara ao marido que lle pedira dous ovos pra cear, e logo non estaba morto.
(páx. 38) Vestir o cadáver, e falarlle para que non estea moi tenso.
(páx. 39) O Sangaño, unha ducia de rosquillas, a noiva da o seu sangaño de alméndoas a quen atopa.
(páx. 41) Os primeiros nichos que se fixeron en Vilachá.
Cando cocen pan na casa por primeira vez no forno novo, dan bola aos veciños, fan 3 ou 4 bolos e dan aos veciños, especialmente aos nenos.
(páx. 43) Marco de Portocobo – van darlle voltas pra curarse.
(páx. 48) Mal de ollo, fulana, señora que quita o mal de ollo.
(páx. 50-51) Cartixeira – mulleres solteiras con fillos.
(páx. 58) A comezos do século tiñan a cama como cousa normal (mocear).
Nas esfollas o mozo que saca unha espiga vermella pode bicar á moza que ten ao lado.
(páx. 62) Relación de usos do solo.
24 mestres e mestras. Menos de 1 km de carretera asfaltada no 1965.
(páx. 64) O Concello ou casa consistorial está situado nun extremo do municipio, ao cal practicamente so se pode chegar andando ou cabalgando, por un camiño pódese chegar no coche, pero no verán non no inverno. Teño que deixar o coche fóra, na carretera, e andar, porque é xaneiro.
(páx. 66) Farra no muíño – continúa na páxina 70.
(páx. 67) Velorio, descrición. Na mesilla arden dúas lamparillas en dous vasos de cristal. O reloxo está parado ás catro… rapaces entrando e saíndo, comendo doces…
(páx. 68) Co arado, dicían, vas esfondar as terras. Que a terra así non produciría.
Descrición da casa. As vacas comían case no mesmo lugar que nós. As vacas comen mirando ás persoas.
(páx. 70) Na mesilla de noite poñen diñeiro (velorio) que queda para a familia (completar relato velorio*).
(páx. 71) San Xoán, “a salva do lume” (páx. 72).
(páx. 73) A luz, a visita – a visión, a compaña, boa, mala ou estadía / estadea.
(páx. 74) Historia da vision do irmán que morreu. Onde vai meu irmán?, vai tocando a flauta por aí…
(páx. 75) A compaña boa.
(páx. 76) Diferencia de compaña e visión – a estadía.
Pai que atopou ca compaña e leváronno por moitos camiños.
(páx. 80) Cometa _ por onde ía a cola habería desgracias, por onde ía a estrela habería moita fortuna.
(páx. 81) Moeda no marco de Portocobo. Deixan unha moeda, o que a colla colle o meigallo.
(páx. 86) Historia da gata meiga (páx. 87).
(páx. 88) Visgar, mal de ollo.
(páx. 91-92) Meigallo das cruces co coitelo – cortar a envexa.
(páx. 94) Cortar a envexa a animais.
(páx. 97) Receita de auga bendita, menciñeiras.
(páx. 108) Bótanlle as cartas a Carmelo.
(páx. 112) 23, véspera de San Xoán, subían polas chemineas, camalleiras.
Coller auga de 7 fontes. As bruxas ao lavarse desaparecían da vista. Esa noite non hai ningún medo… porque esas cousas están recollidas.
A noite domínana esas cousas malas, menos esa noite, esa noite… (Carmelo na páx. 111).
(páx. 113) De unha persoa forasteira aquí ninguén estraña…
(páx. 114 ) Tunar (Queixeiro).
(páx. 115) Bruxas que te metían nas silvas.
(páx. 117) Os curas eran os únicos con estudos, eles tamén teñen libros deses de bruxería.
(páx. 121) Mocear: pueblo – aldea (pueblo significa cidade).
(páx. 123) Mocear, ritual 3 domingos – Cama mala na cociña.
(páx. 124) Fiada, baile até o mencer. Manter entretida á xuventude.
(páx. 125) Non se loitaba, bailábase, corríase, brincábase – as fías.
(páx. 129) Unha muller na loita.
(páx. 130) As mulleres desnudaban aos homes.
(páx. 131 – 132) Copla de mocear – andaban pallicando as coplas.
(páx. 133-34-35) Moiñadas, turnos.
(páx. 136) Mulleres labregas, cavaban o monte cunha picaña.
(páx. 138) Antigamente os compadres e comadres chamábanse de usted.
(páx. 139) Herbas. Labaza, romeiro (para a tos), 9 flores nunha cuclleriña de mel. Follas de nébeda. Ruda para a reuma.
(páx. 140) Eclís, eclipse. Púxose de noiye negra.
(páx. 143) Lugrumantes – Negrumante – Legrumante, tronadas , tempestades.
(páx. 145) Sacabeira, bicho con veleno.
(páx. 149) Aparicións, visita, ve ao cura.
(páx. 151) Descrición casa, os baños,… unha especie de cuarto separado da cociña por unhas táboas onde durmían os pais…
(páx. 152) Marco de Portocobo.
(páx. 153) Que é envexar – persoa gafosa… todos os que teñen 60 anos para riba dicían “o demo”.
(páx. 156) Ritual inventado con pedriñas polo camiño para sanar a un home.
(páx. 159) Unha visión, as tres sombras.
Cando se pon á mesa para xantar disque se poñen as ánimas de xeonllos e hai que recoller logo para que elas descansen.
Din que é mala sorte varrer despois de que se poña o sol, e botar o lixo pra fóra. Eu varro, pero non o boto pra fóra.
(páx. 165) Morriña? non coñecín o concepto de señiarda nin o de saudade.
San Xoán. Auga de 7 fontes. O libro dos soños.
(páx. 167/ 168) Descrición de ampliación da casa en Peteiro (Lagares).
(páx. 169) Peteiro, a pía onde pisaban o toxo está de cor verdoso o que me fai supoñer que aínda a usan.
(páx. 176) Boa xente. Persoa mala, malebo, ruín.
(páx. 177) Galopín, lacoeira, curandeira, pelexo, pelexa, jaldrapa.
(páx. 181) Home cativo, lagrán, lacoeiro, sucio.
(páx. 182) Boubalta, zarrapalleiro que va de mulleres, purrelas, trangalleiro, juerguista, contando chistes. Trapallada, cousa que non é verdade. Morriña: unha cousa que cheira, non coñecen señardá. Trastallar: queixarse, trastallar, que non podes mirar. Trastallaba velo!
(páx. 183) Compadres tratábanse de usted.