As papas de fariña

papas

Usábase o maínzo branco, que era o que máis lle gustaba comer á xente. O amarelo tiña outro gusto, e facíache as papas moi amarelas, entón non eran guapas, non eran guapas nin sabían como o branco. Escollían as brancas, que tiñan o grao todo branco, para faceren a fariña das papas. Se había espigas que tiñan algunha cor polo medio xa non as escollían e non as debagaban.

Para faceres as papas botabas unha pouca auga a cocer, e botábaslle un pouquiño sal, e mais botabas a fariña, e remexías, e remexías, e remexías, e despois axiña que estaban ben cocidiñas, e ben desfeitas daqueles vultos, botábalas nun prato ou nunha cunca.

Ficaba unha crema ben cocidiña, e agarrabas e xa lle botabas un pouco do leite das vacas para comer, que xa o tiñas apartado nunha xarra. E ías comendo, pola beiriña, pola beiriña, o leite e mais as papas de fariña.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s