O pedrazo

pedrazo   Foi a tormenta máis forte que eu recordo na miña vida. Debeu ser o que agora chaman unha cicloxénese. Foi polo ano 1950. Levaba chovendo todo o día aos poucos, pero xa antes de saír colleuse a chover forte. Eu andaba coas vacas e co carro, e pilloume aí no Piñeiro, pola bulleira, onde hai un castiñeiro. Comezou a caer un pedrazo de súpeto, e batíame tan forte que me facía dano no corpo e na cabeza.

No camiño do Piñeiro de Baixo as vacas pararon un pouco e tiven que chamalas para continuarmos. Sentín como baixaba unha tromba de auga polo camiño abaixo. Case de repente chegábame a auga polo xeonllo e tiven que agarrarme ao carro ou ía coa tromba río abaixo. As vacas non podían tampouco seguir con aquel pedrazo e aquela corrente, e eu fiquei amarrado ao carro. Tiven que pechar os ollos e baixar a cabeza para refuxiarme, e case fiquei sen respiración.

Foi un cuarto de hora nada máis. Houbo raios e tronos, moita auga, e un vento que arrincou moitas árbores. As lousas dos tellados movéronse, e a auga meteuse nas casas e corría escaleiras abaixo aquí e acolá, e mollouno todo.

Tivemos que arranxar os tellados, amañar e secar moitas cousas da casa, e limpar e sacar as árbores dos camiños. Aínda tiven sorte de chegar vivo.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s