Dentro da parroquia de Vilachá aínda hai varios muíños.
No río Vilariño hai tres, entre o Loureiro e o Piñeiro. O muíño da ponte do Loureiro, o muíño do Medio e o muíño de Pancho, deste último xa soamente quedan unhas pedras.
No río Andoriña debe haber catro ou cinco muíños. Eu coñezo o de Gabriel, que é o primeiro, e logo seguindo o río hai outros, entre eles o do Muxico. Antes polas beiras dos ríos andábase moi ben. Acordo o vello Gabriel, que viña todos os días traer os sacos da fariña do trigo que el moía, dende o muíño a Ponte da Pedra.