Eras boa para ser cativo

Eras boa para ser cativo, dicía miña nai cando eu chegaba de facer algún experimento ou algunha trangallada.

Meus pais tiveron dúas fillas. Eu tiña 16 anos cando naceu miña irmá. Miña avoa morreu, papá ía traballar fóra pois era canteiro, e eu encontreime co parto da miña irmá na casa. Miña nai díxome que a axudase, e eu non sabía o que facer, pero ela foime guiando e dicindo como facer, e gustoume vivir xuntas aquel momento. Saíu a nena tan bonitiña, cunha cariña redonda, e eu limpeina cun pano e cunha palangana con auga morniña. Eu tiña a nena no colo con moita fachenda cando veu papá. Preguntou que era, e dixen outra nena! Xa había dúas cativas e a ilusión del era que ía vir un neno, así que tampouco se alegrou moito. Aquilo quedoume gravado, que era nova.

Pasada unha tempada díxenlle a mama, a papá que pouca ilusión lle fixo a nena, daquela as nenas non valemos?, somos nenas e xa non somos nada. Mamá respondeume, non é que non vos queira é que a el parécelle que as mulleres non gañan a vida como os homes. E eu aquilo collino para a vida.

Daquela as mulleres tiñan unha vida máis difícil só por seren mulleres, e aínda agora.

Eu nin puiden aprender a peluqueira, que era o que me gustaba, porque non había como comprar as cousas. Miña nai díxome que fose aprender costura, pero a coser non ía gañar nada porque nunca me gustara iso.

Meus tíos fóranse para Inglaterra, de maiores. Éranche moi bos. Foron para aló, e botaron un tempo e foilles ben. Logo, cando eu era moza, viñeron de vacacións e dixéronme que tiñan un sitio moi bo para min para traballar en Inglaterra, para o lado deles. Dixéronmo primeiro a min, antes que aos meus pais. E eu como non tiña aquí cousa ningunha, que cartos non había, mais que traballar na terra, daquela quixen irme. Unha oportunidade!, pensei eu.

Xa debía ter dezaoito anos. E daquela un día díxenllo a mamá, para ver se podía mediar e facilitarme as cousas. Logo viñeron os tíos para dicirllo a meu pai e a miña nai. Ai madriña!, como se puxo papá! Díxome, unha muller que vai polo mundo adiante é unha muller fracasada. Ai, meu pai era moi antigo.

E así foi como se frustraron as miñas ideas.

Logo casei e marchei vivir á casa dos sogros, e iso xa é outra historia.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s