A tele

tele 2

  A nosa casa a tele chegou a pé. Foi no 1969, lémbroo porque foi no ano que o home chegou á lúa, e daquela nós aínda non tiñamos carreteiras para chegar a casa. Trouxérona de Betanzos. Custou 23.000 pesetas do ano sesenta. Aparcaron aí arriba e trouxémola atravesando polo Monte Grande de Goente. Imaxina o coidado co que trouxemos aquel aparato. Parece que levamos a Cleopatra, dicía eu, ou á Virxe da Cela, respondía meu pai. Chegamos e estaba toda a casa xunta agardando o aparato.

  Acordo o día que pasaron Superman na tele, foi un 19 de xaneiro de 1985 que foi o cabo de ano da madriña, e fixo moito frío. Eu xa tiña as dúas nenas, e estaban toleando por vela. Estiveron todo o día agardando, emocionadas como se fosen a voar por primeira vez. Ademais foi a primeira vez que probaron a piña. Puxemos as cadeiras da praia na cociña para estarmos máis cómodas, e a tía escachaba coa risa.

Daquela todo era unha novidade e ás nenas gustoulles tantísimo aquela noite que aos seguintes cans da casa puxémoslles Piña e Superman.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s