CONTACTO _ mail : hola@ruralc.com
Historias de Vilachá é un proxecto da Asociación RuralC. Un proxecto que vai tocando varias disciplinas: o documental multimedia, a escritura e a narración, a antropoloxía, a etnografía, a cartografía, a arte social e a cultura de participación.
No 2018 o proxecto tivo un orzamento total de 9.454,03 € financiados pola Asociación RuralC.
No 2018 participaron 34 persoas nas entrevistas e visitas polas casas. A media de tempo das visitas e entrevistas foi de catro horas por casa. Visitamos persoas de diversas idades tendo especial atención ás máis maiores. Ao acto de presentación acudiron unhas 60 persoas.
No 2019 o proxecto ten diversas actividades. Ten un orzamento de 15.000 € , e conta cunha subvención da Deputación da Coruña que cubre parte do orzamento total. Tamén conta co apoio do Concello de Monfero e da Asociación de veciños de Vilachá.
Agradecemento especial a todas as persoas veciñas da parroquia que están a participar no proceso.
Se queres contactar ou participar podes facelo via e-mail a: hola@ruralc.com