O velorio e as visitas

  Cando morría unha persoa, xa había carpinteiros que tiñan táboas listas para montaren os ataúdes. Daquela, había mulleres ou homes que ían buscar a caixa para levala á casa da persoa que morrera. Había costureiras que forraban a caixa por dentro cunha tea negra. Miña tía forrou moitas antes de marchar a Ferrol para traballar de costureira.

Cando morría unha persoa da casa, as persoas veciñas e parentes axudaban con todo. A vestir á persoa que morrera, a cociñar, a atender ás vacas, ou ir pola caixa. Non era como agora, non se contrataba o servizo a unha funeraria, non había eses medios. Os velorios eran na casa da persoa falecida. Había moitas veces que o velorio eran dúas noites e dous días. Toda a noite sen durmir, contábanse contos e falaban. A persoa defunta estaba na caixa destapada ou cunha saba cuberta. Tapábanlle o rostro cun pano bordado, e quen quería verlle a cara, achegábase e levantaba o pano.

A xente despois, de tarde, falaba. Non se ía estar todo o tempo chorando, e íanse enrolando dun a outro conto.

  As visitas eran unha axuda, porque daquela nas casas non había as abundancias que hai agora. Uns levaban queixos, outros levaban ovos, o que puideran. Aínda teño pola casa o caderno no que se apuntaban as visitas co nome da persoa e o que daban. Algunhas das cousas apuntadas eran

  – unha caixa de galletas surtidas

  – medio quilo de café

  – medio quilo de nescui

  – un quilo de azúcar

  – unha botella de San Clemente

  – dous quilos de plátanos e dous quilos de laranxas boas

  – un queixo bo

  – oito iogures

  – medio quilo de sopa

 – unha botella de Aníbal

  Non había os coches como hai agora, e as familias viñan, e quedábanse no velorio, e había que facer de comer na casa onde estaba a persoa finada. E daquela había con que facer. Poñían pan, queixo. Primeiro, de culler, facíase un guiso ou un caldo, e despois tortillas ou un cocido ou o que fose.

Había veces que se vendía o que sobraba para comprar a roupa de loito. Tamén se tinguía roupa de negro, pero non se ía tinguir toda a roupa que había, que xa había pouca.

  Cadaquén daba o que podía. Non se daba o mesmo. Moi pouca xente daba diñeiro, que non había o movemento de diñeiro que hai hoxe. Non é que hoxe haxa cartos, é que hoxe os cartos móvense doutra maneira.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s