As flores das brañas

  As brañas todas que están no Piñeiro eran de pacer, non eran prados. E aínda recordo eu cando levaba pacer as vacas que estaba todo amarelo de aquelas flores.

arnica IMG_2640  Cando iamos coas vacas á braña aproveitabamos para collermos unhas flores amarelas pequeniñas. Baixabamos polo camiño e xa dende lonxe, cando vías a braña, entornabas os ollos para velas. Se as había era unha alegría, pois eran uns cartiños que gañabas para comprares calquera cousa para a casa ou para ti.

Lémbrome de apañar dúas diferentes. As amarelas eran as flores de árnica e as outras non sei como se chamaban, eran así coma se fose unha raíz, baixiñas, e estaban nas brañas onde había moita humidade.

Levabámolas a Portocobo ou ao Francés, onde estaba a taberna, e de aí levábanas á Ponte Vella de Betanzos. Disque as usaban para medicinas, aceites esenciais, pomadas e esas cousas. Tampouco era moita ganancia. Daqueles tempos ao cambio diso ao mellor dábanche arroz, ou dábanche azucre ou dábanche aceite. Pouca cousa, porque tiñas que levar un saco para que che deran un litro de aceite.

  Lémbrome de ir á tenda en Portocobo, e entrar nun almacén grande onde vendían o sal e esas cousas, e tiñan un tellado, e alí acordo ver as flores postas a secar no verán para que non collesen a humidade.

  Algunhas persoas tamén collían a casca do sanguiño e a do salgueiro, e o caruncho do centeo. Recollíase e vendíase.

Estas cousas acabaron haberá uns cincuenta anos.

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s