A pelota de pau

pelota1.png

Os máis antigos xogabamos cunha pelota que era de pau. Faciámola redondiña e de madeira. Xogabamos en zocas, e logo de tanto darlle había veces que as rompías. Outras veces xogabas cun limón grande porque non había pelota.

Despois viñeron as pelotas de goma e os balóns de coiro, feitos de cachos. Levaban o coiro por fóra e unha cámara por dentro, como a dos coches. Iso batía en calquera lado e rebentaba, levaba moi malas coseduras. As de goma batían nunha silveira e pinchábanse e alá ían, e parcheábalas con parches das bicicletas, e volvías a darlles aire e dálle que te pego. Normalmente tiñan moi mal amaño porque non traían válvulas e quedaban con moi pouco aire.

O primeiro en traer un balón de coiro, como tantas cousas, foi o mestre da escola.

O meu primeiro balón tróuxomo un tío que estaba en Bos Aires.

Ao principio xogabamos nos camiños, medio descalzos, en calquera sitio onde nos xuntabamos, e logo no verán iamos á Lagoa. Alí tiñamos porterías feitas de paus. No lugar hai unha fonte, e no inverno énchese de auga, por iso lle chaman a Lagoa. Cando viña a primavera cantaban as ras, rac, rac, rac, rac. Aínda nos temos bañado algunhas veces na Lagoa.

a-lagoa

De verán iamos unha pila de cativos, viñan de todos os lugares da parroquia, e faciamos equipos e competicións.

As porterías xa non están. Coido que agora está todo cheo de salgueiros.

Se fose hoxe sería futbolista, dáballe ben e gustábame moito.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s