As pontes

Ponte-da-pasada
Ponte da Pasada. Río Andoriña.
pontes-IMG_1811
Ponte entre prados. Piñeiro/Candedo

Pontes hai moitas en Vilachá. Hainas grandes e hai moitas outras pequenas, que cruzan regatos e prados.

Agora ves pasar os tráilers cargados por riba das pontes, mais antes as pontes eran de chantas e pasaban os carros e o gando daquela maneira. Ás veces enchían coa auga e non había quen pasase. Cando as pontes enchían entón non iamos á escola e poñíanche no caderniño falta por causa climatolóxica.

Unha vez iamos coas vacas a Fradiz, e tiñamos ovellas, catro ou cinco, e tiñan años. Xa non nos deberían de ter mandado por aí, porque as vacas pasaban polo río e dáballes a auga pola barriga, e as ovellas pasaban todas pola ponte, e claro, un año caeu no río. Eu tiven que quitar rapidamente as medias e as zocas e fun pola braña, e pasei a braña do Loureiro e mais a outra, e alí xuntábase a auga polo río, e ceibou o año para dentro, que se non levábao a corrente. Eu collino e tróuxeno no colo para xunto as ovellas. Estaba a auga xeada e o año apañou frío, así que miña irmá mais eu acendémolo lume e quentámolo para quitármoslle o frío e o susto.

 

Imaxes da Ponte do Loureiro

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s