As fontes e os lavadoiros

lavadoiros  En Vilachá sempre houbo fontes dabondo.

A fonte do Feal, a fonte do Vilariño, a fonte do Casal, a fonte de Prada, a fonte da Cal, a fonte do Campo, a fonte da Chousa do Crego, a fonte do Pazo, a fonte do Ferrolano, a fonte Grande, a fonte Vella da Nabeira, a fonte do Souto, a fonte do Pedrón, a fonte de Vilaxoán, a fonte do Candedo, a fonte de Goente, a fonte da Horta, a fonte do Piñeiro do Medio, a fonte do Piñeiro de Baixo.

fonte-IMG_1593

E aínda hai máis, pois é frecuente atopar mananciais cando andas brujuleando polo medio dalgún monte, polos prados ou cerca do río. Se cadra baixo as raíces dun carballo, como acontece na fonte dos Mouros cerca dos primeiros muíños no Paraíso.

Outras quedaron tapadas polas silvas ou abandonadas, ou incluso enterradas baixo a carreteira, como aconteceu coa fonte da Corredoira, na carreteira que baixa de Goente ao Cruceiro.

Tamén podes atopar moitos lugares que son balsas de auga, son como ollos, non son fontes auténticas.

Antes non había pozos nas casas e a xente ía buscar caldeiros de auga a estas fontes.. Tiñan que ir pola auga, e levabamola como na China, cun pau e dous caldeiros, un caldeiro en cada lado. Moitas persoas aínda lembran ir pola auga á fonte do Piñeiro de Baixo e á do Casal, disque eran moi boas augas as dúas.

A fonte do Casal, de pedra, tiña dous canos. Desfíxose, xa non botaba auga. Tamén tiña un lavadoiro. Ían lavar roupa alí as do Feal, as do Campo e as do Casal.

Ademais deste lavadoiro na fonte do Casal, había outros.

Un lavadoiro estaba na fonte do Feal, antes de chegar á Cortiña. Outro lavadoiro estaba no río Vilariño, no Loureiro. E outros no Candedo, no Piñeiro de Baixo, en Vilaxoán, en Portocobo na fonte da Cal, ou na Lomba de Prada. Seica houbo lavadoiros para todos os lugares.

Os primeiros lavadoiros eran chantas nos lugares onde había unha fonte ou un río. E logo fixéronse algúns de cantería, como o lavadoiro de Vilaxoán, onde viñeron uns canteiros de Torres para picar a pedra.

lavadorio-pedra-IMG_1639

Hai outros aos que aínda que vaias alí xa non sabes onde están. Como pasa en Chantas, en Goente. Na beira do río hai alí unhas maceiras, e logo na beira de debaixo das maceiras estaba o río de lavar. Pero hai que saber onde era. E o mesmo acontece co do Piñeiro de Baixo, onde a chanta está medio enterrada.

Cando a guerra algunhas persoas deixaron de ir aos lavadoiros. Por leas e cousas así dixeron, non imos lavar máis aló. E quitaban a auga a caldeiros para lavar nun lavadoiro que fixeran na casa.

Antes levabamos as vacas pacer xunto ao lavadoiro, e as mulleres das casas baixabamos lavar a roupa, xuntabámonos moitas, e logo a roupa poñiámola estendida a secar por riba das silveiras. Ás veces levabamos o parchís e botabamos partidas baixo un castiñeiro se o sol quentaba moito. E a cativaría, se non tiña que axudar no traballo, podía xogar. Eran libres de andar medio espidos mentres secaba a roupa. Había quen cantaba cancións de antes, e algúns facían frautas con canas. Outros andaban ás troitas, e a cativada aprendía rápido que se alguén estaba pescando non se podía alborotar non fose ser que espantasen as troitas. Cando a roupa estaba enxoita, poñíamola e íamos para a casa.

A xente foi facendo lavadoiros na casa e pouco a pouco foron abandonándose os lavadoiros comúns, até que chegou a lavadora, ese invento. As casas cada vez precisaban máis auga e foron facendo traídas e pozos artesanais ou de barrena.

lavadoiro-candedo-IMG_6473.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s