As vacas

vacas2 IMG_2634

  Cando van parir escóndense tras das toxeiras. Podes pasar dúas horas buscándoas porque se esconden no medio do monte. Buscan tranquilidade.

Estivemos até 15 días atentos a unha vaca que ía parir, esperando o parto. Botámola para a pasteira dez minutos e fomos botar a sesta, e á volta encontramos xemelgas. Aínda temos unha delas.

  Ás veces escapan, saen polo leito do río que está seco, e van pacer á beira da carreteira. Se pola mañá ves unha bosta no medio da curva xa sabes quen pasou por alí.

  Xa me ten caído unha vaca no río, aquí no fondal. A vaca arrimouse moito á beira do río, fóronselle os pés, e aí caeu para baixo. A vaca tivo medo, púxose nerviosa, e máis adiante que era algo máis baixo foi indo polo coto arriba e subiu.

Pero a anécdota mellor foi cando fomos á herba miña filla mais eu, na braña fronte á Chousa do Cura. Levabamos o prado, que non era noso. Iamos co carro da vaca soa para que nos fose máis fácil. E sabes no campo onde baila a terra, que está a auga embaixo?, pois resulta que a vaca espetouse co carro. Quedou enterradiña até o peito, os pés todos, e púxose nerviosa. Bueno, e a filla acariciaba a Xuvenca, que era moi mansiña. Xuvenca quería saír pero non foi capaz.

  Daquela veu a veciña, como caída do ceo, que andaba acolá embaixo, moi cerca, tamén á herba. Trouxeron as vacas deles, e mais o adival, e botáronllo aos cornos, e as vacas deles puxéronas no duro, e con esta axuda, tiraron pola vaca e saíu. E tremía tantísimo, que a trouxemos a casa e dixeron, dádelle axiña un caldo con auga quente, e fariña. E así fixemos. Ai, como grimaba.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s