O enterro

No día do enterro algunha xente ía até a casa onde estaba a persoa defunta para acompañala até o cemiterio, e outros saían ao encontro.

Miña avoa recorda un día, contoume que foi ao enterro, e xunto á escola, xa viron a caixa aos ombros baixando polo Piñeiro, e viñan os homes relevándose para levala. Antes non había tanto monte, e víase moito máis. Ela recorda coma se fose hoxe aquela visión da comitiva fúnebre.

  Naqueles tempos a comitiva fúnebre acompañaba á caixa a pé, traíana nos ombros. Despois xa empezou a vir un coche fúnebre para levar a caixa, e ía ao paso das persoas que o seguían en comitiva. Iso deu paso ao que se fai hoxe, unha comitiva en coches dende a funeraria ao cemiterio. E alí, moitas outras persoas esperan a esta comitiva fóra da igrexa, xunto ao adro e ás escaleiras.

Antes os enterros sempre eran pola mañá, non á tarde como son agora. E despois do enterro, comíase.

Até hai pouco, facíase de comer para a xente e a familia máis próxima. Quen facía a comida non era a familia da casa, quen se encargaba diso era a outra familia que houbese, tías, primas, irmás.

Tempo atrás, a comida do enterro era na caseta, o edificio que está xusto detrás da igrexa. Disque nalgún tempo tamén foi o lugar das autopsias. Ían mulleres que levaban a comida nas paxetas para a caseta, levaban tortillas e queixo, e se acaso carne cocida, ou un lacón ou un xamón. Porque os curas e as familias que viñan de lonxe andando tiñan que comer, un bocado ou o que fose. E comían aí na caseta. Cortaban lascas de carne e poñíanas encima do pan e comíanas así. Alí había unha mesa e bancos, e algunhas cadeiras. E debaixo era a corte dos cabalos, nos que viñan os curas.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s