O teléfono

  O primeiro teléfono que usamos estaba na Ponte da Pedra, no Capellán. Puxeron a centralita en Rebordelo. Chamabas á centralita e falabas con Carmiña, Carmiña ponme co dezaoito de non sei onde, aínda eran números baixos todos.

Despois saíu un plan, debeu ser polo 85 ou 86, e dividiron o concello en cuadrículas, e en cada cuadrícula tiña que haber un teléfono. E resulta que nalgunhas cuadrículas quedaba unha casa soa, e tiveron que negociar. Daquela puxeron máis teléfonos públicos. Moitas eran cabinas de madeira que as facían os que tiñan o teléfono.

  Cando o puxeron no Cruceiro iamos aló. Unhas veces iamos nós chamar. Outras quedabamos con alguén para falar e iamos esperar a súa chamada a unha hora un día. Tamén había veces que chamaban directamente para deixarche o recado.

  Cando ías chamar, se estaba ocupado agardabas na cociña, vías a carta dos xeados ou falabas con alguén. Había alí xente coñecida que che preguntaban polos da casa, e outros xogando partidas de cartas.

  Cando xa che tocaba, dábaslle aos pasos Cando xa che tocaba, dábaslle aos pasos, pois logo pagabas tantas pesetas por tantos pasos.

Adoraba falar naquel teléfono, porque estaba no almacén, que era o que noutros tempos fora a corte das vacas. O almacén estaba a escuras, o teléfono tiña a súa cabina, unha guía espesa de números de teléfonos e as páxinas amarelas. Só había luz onde o teléfono, así que vías os baños de pedra das vacas cheos de fantas e caixas e cousas, e intuías o resto do espazo, todo escuro.

Para min ir falar naquel teléfono era unha aventura nun lugar cheo de misterios, como quen está nunha furna chea de tesouros.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s