Odín

odín

  Atopamos preto da corte unha corneja. Confúndese ás veces co corvo grande, pero esta é máis pequeniña. Ten a cabeza ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa, e a súa cola é máis curta e de bordo case recto.

  Meu pai colleuna. Tiña mal aspecto, estaba doente, como intoxicada, case non podía camiñar. Non era unha cría, era grande xa.

Chamámoslle Odín. Era intelixente e respondíache. Acomodouse ben no sitio que lle fixemos. Soamente falaba coa xente que coñecía, logo desconfiaba dos que non eran habituais. Coidámola un tempo e cando xa estaba ben soltámola.

Disque viven ata setenta anos, e que son de parella fiel toda a vida.

Despois andaba por aí pola horta, ás veces confundiámola con outras, pois son moi parecidas. Pero Odín tiña unha mancha branca na cara, unhas plumas brancas que a facían inconfundible.

 

 

Anuncios