Un parto no camiño

Sería no ano 1938, chegou unha vendedora de peixe que ía cargada cunha paxeta grande. Coitadiña, era valente porque viña xa moi embarazada. A tía Remedios estaba na horta e veuna vir dende lonxe moi apuradiña. Rompera augas.

Deixou caer no chan a paxeta que ía chea de xurelos, e entraron para casa. Estaban as dúas soas, e así pariu na cociña coa axuda da tía.

A tía Remedios foi a madriña daquel rapaz, fixeron moita amistade e despois viñan todos os anos pola festa. Tamén lembro ver ao rapaz subindo polos piñeiros do monte da súa madriña coma un gato. Viña coller as piñas para logo vendelas na feira en Pontedeume.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s