Durmido como un leirón

leiron2.png

  Coloquei polo monte unhas caixas niños para que aniñasen as aves, e puxen unhas máis pequeniñas para os carboeiros, que son moi beneficiosos para a horta pois comen moitos insectos.

  Colocabámolas mirando ao sur, e ben altas, a tres ou catro metros. Unha ou dúas veces ao ano había que subir e limpalas.

Un día que abrín unha delas, algo caeu flotando, era coma un niño. Fixeime dende o alto e había aí unha cousa con pelos. Baixei a modo, e vin que había un leirón careto. Tiña visto algún leirón gris, pero esa foi a primeira vez que vin o leirón careto. Acerqueime e non espertou, que seguiu durmindo.

Collín o niño para miralo. Tiña unhas landras comidas e os restos dun caracol ou algo así. No medio estaba o leirón, envolto no seu rabo longo coa punta negra e branca. Quen sabe en que fantásticos sonos estaba para non espertares cunha caída dende semellante altura.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s