
Os melóns plantábanse polo medio do maínzo. Son unhas cabazas laranxas e ben grandes.
As papas de melón eran unhas papas guapas, moi doces. Botabas o melón, deixábalo cocer ben, despois esmagábalo todo ben esmagadiño, e despois botabas a fariña alí a cocer.