José Martínez Sanjurjo foi un rapaz do Piñeiro que emigrou a Arxentina e acabou tendo unha imprenta. Alí editou un libro chamado Su majestad el indiano con sus locuras, no que falaba da súa familia de Vilachá, da vida na parroquia e das viaxes a Arxentina.
Un día na taberna a xente falaba do libro. Todos o tiñan visto ou escoitaran falar del, mais ninguén sabía exactamente onde podía estar.
Un veciño contaba que a parte do libro que máis lle chamou a atención foi un capítulo que contaba a viaxe no barco para Arxentina. Un día choveron peixes, caían na cuberta do barco. Seica é certo que iso pasa. É un fenómeno no que os peixes son aspirados por un remuíño de vento e logo caen coa chuvia en grandes treboadas.
Imaxe do libro: