O repertorio

magnetofono-e1543708183206.png  Viñeron uns investigadores, un home e unha muller. Coido que viñan de Oxford, ela era inglesa, el non. Viñan gravar testemuñas por Monfero. Eu atopeinos na taberna. Andaban preguntando á xente polos costumes, pola vida de antes e por cousas así.

Daquela había unha señora en Portocobo que naqueles tempos xa fumaba e bebía, e sabía botar o mal de ollo e facer algúns meigallos. Os investigadores escoitaran falar dela e querían gravar o repertorio que dicía para sacar o mal de ollo. Traían un magnetófono cun micrófono, deses grandes de dúas bobinas que había que enchufar á electricidade.

Así que preguntáronlle á taberneira, e como facemos para gravala?

Pois moi fácil, díxolle a taberneira, poñemos aquí a súa compañeira, que é tan branquiña e pálida. Eu vou buscar a muller, dámoslle unha copa de anís e que se solte un pouco.

  E chegaron alí coa muller e dixéronlle:

mira, esta señora ten un mal de ollo, a ver se o podes botar.

  – Xa muller, non fai falta que mo digas, ben se lle ve na cor, respondeu.

  Daquela colleu o coitelo grande de cortar o pan, e comezou a dicir unhas oracións que invocaban as ánimas e escorrentaban os demos. Cheiráballe a anís á outra e pasáballe o coitelo así, ssshhhhh, por diante dela para botar o mal de ollo.

E a inglesa se xa era pálida, imaxínate como estaba. Bueno, quedou coma o azulexo.

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s