O mural de Tolín

  Un cura de Monfero trouxo a un antropólogo a dar unhas charlas por aí, en moitos sitios. E ía quen quería, pero a xuventude máis.

Resultou a ser moi amigo noso despois. Veu aquí moitas veces, cando alguén facía anos ou calquera outra celebración traía unha tortiña doce ou algunha cousa. Sentiu que se comía o caldo de castañas, que nunca o comera. Comeuno aquí e gustoulle. E cousas así.

  Era moi intelixente, quería saber de todo, de todas as cousas. Se andaban segando, el collía a fouciña e tamén quería segar. Un día cando andabamos coa xente veciña aí nas Curveiras botando as patacas na beira da carreteira, el coñeceunos e veu a nós, e veu axudar botar no esterco. Gustáballe saber de todo. E fixo sobre Monfero un libro. E mamá díxolle de varias persoas por aquí antigas, de antes, que podían recordar. Dunhas señoras que había aí no Gaspalledo que sabían moitas cousas, ou dun señor de aí de Vilaxoán que estivera fóra e tamén sabía, acordábase e contaba moito.

  E mamá, cando viñeron para gravar, contou moitas cousas do que ela sabía, das fías, do liño e desas cousas. E resulta que cando el se doutorou coa tese sobre Monfero, deulle unha copia a miña irmá.

  Pois mira, anos despois, unha das veces que veu aquí dixo que ían comprar un piso e que miraran nos Mallos. E deu a casualidade que en tal obra traballara meu home, que foi albanel, e daquela pintárono a el cunha carretilla na parede, e mais pintaron moitas cousas, de escenas do traballo e da aldea. O piso fora empapelado, daquela levábase o papel nas paredes, así que taparon os debuxos. Pero non o pintaron, e quedaron por baixo.

E comprou aquel mesmo piso. Resulta que cando desempapelaron encontraron aí o debuxo do Tolín. E veu para aquí, non tardou nin oito días, a contarlle a anécdota. Dixo xa quedou así, que o deixamos así. Alí está pintado agora, Tolín, a carretilla, e a aldea.

Aquel home era Fernández De Rota, antropólogo e profesor da universidade que adicou vinte anos de estudo a Monfero. Carmelo Lisón, quen fora director da tese de Fernández de Rota sobre Monfero, tamén estivo con anterioridade pola parroquia de Vilachá, investigando e facendo un intenso traballo de campo no eido da antropoloxía social. Son numerosas as publicacións de ambos nas que aparecen testemuñas e imaxes da parroquia.

Hoxe Vilachá segue espertando o interese investigador, e agora persoas da parroquia estamos escribindo as nosas historias con anacos das nosas memorias e das nosas vidas. Son as historias de Vilachá.

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s