O semáforo

semaforo

Lembro moi ben a primeira vez que escoitamos falar dun semáforo. Nunca tal se vira. Foi un señor de Ferrol, compadre dun veciño. Moitos días viña comer co seu compadre, e logo viña á sobremesa a nosa casa.

Unha tarde contounos que en Ferrol había unhas máquinas ás que chamaban semáforos, e que acendían unha luz vermella e daquela os vehículos paraban diante en fila india. E só se poñían en marcha cando a luz cambiaba e se acendía unha de cor verde. Dicía que a novidade entusiasmou tanto aos que tiñan coche, que pasaban o día no cruzamento, arriba e abaixo.

 

 

Deixar un comentario