O coche

coche-img_2624-e1543719095621.png

Cando abriron as pistas comezaron a chegar os coches, que conectaban a parroquia con outras parroquias e vilas, e coas cidades de Ferrol, A Coruña e Santiago.

O Rápido ía e viña de Ferrol pola mañá, ao mediodía e á noite. Para ires a Santiago tamén collías o mesmo coche. Tiña parada no Candedo, no Casal e tamén na Ponte da Pedra.

O Ideal ía dende o Cruceiro á Coruña pola mañá cedo e volvía á noite. Tardaba unha hora en chegar.

O Rivas ía para Betanzos pola Ponte Ribeira e por Velouzás.

Meu tío e coma el unhas once persoas de Vilachá, ían todos os días pola mañá cedo no coche para Ferrol, para traballar en Astano. El estivo vinte e catro anos traballando en Astano, até 1985, que o deixou. Foi cando fixeron a reconversión do naval e a el ofrecéronlle traballo máis aló de Madrid, mais non quixo marchar fóra porque tiña que deixar todo e xa non ía poder seguir vivindo na casa.

 

 

 

 

Deixar un comentario