Os zapatos brancos

zapatos  Levabamos xa uns meses planeando baixar a Miño comprar uns zapatos, daquela non habían moitos comercios en Miño. Normalmente baixabamos a Pontedeume comprar, así que irmos a Miño era máis pola novidade. Abrira unha zapatería nova, e disque era moi barata e tiña cousas modernas.

Tiñamos aforrados algúns cartos para a ocasión. E por fin chegou o día, aló iamos as tres amigas camiñando carreteira abaixo. Daquela xa non andabamos en zocas, tiñamos uns zapatos moi básicos, pero eran ben resistentes. As pistas non estaban asfaltadas, eran de terra e se chovía formábanse charcos e lama, pero aquel día era finais de xuño e os camiños estaban secos.

Chegamos antes do mediodía. Fomos comprar uns anzois e unhas tanzas para meu irmán, e despois dereitiñas á zapatería. Tiñan expostos moitos modelos de zapatos diferentes, de cores, con goma de caucho, con acabados, con distintos tacóns e planos.

Eu fixeime nuns zapatiños brancos. Eran moi bonitos, cun pouquiño de tacón e cun remate moi xeitoso. Acabei comprándoos. Aí deixei os meus aforros e saín con eles nunha caixa de cartón ben protexidiños.

Á tarde, cando viña camiñando para casa cos zapatos na bolsa, lémbrome de vir pensando, se fose andando con estes zapatos até Vilachá xa os tiña gastado só no camiño de volta.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s