Os farandulos

  Farandulos houbo sempre. De farandulo, levabas chaquetas e roupa vella, e tapabas a cara cunha media, daquela eran de seda. Outros collían, e cunha saba ou cun cartón facíanlle os ollos e a boca e tapábanse. Non os coñecías eh.

Víñanche polas portas, e pedían freixós, e pedían ovos, e pedían o demo.

Unha vez viñeron unha chea de farandulos, e veña baile que bota baile, e baile que te baila, e cheiraban aos armarios, dixen eu, cheiran aos armarios?!, pero era de estar por riba dos baños das vacas ou polos pallares… como cheiraban!

  Polo entroido, acostumabamos ir polas casas dos parentes ou amigos vestidos de farandulos. Unhas veces camiñando polos carreiros, e outras alguén nos levaba no coche, deixábanos e logo aparecía ao rato. Unha vez, vestida eu cun buzo branco e con outros amigos vestidos non sei con que, alguén nos levou en coche, foi a miña amiga que xa conducía. Eu xa non me arrimaba moito ao meu home para que non nos coñecesen, e cousas así, e á miña amiga coñecérona porque lle faltaba unha moa dun lado.

Cada quen era máis extravagante. Un levaba unha verza na cara, cunha cinta e con dous buratos para os ollos, e unha perruca, e conforme pasaba a tarde e chegaba a noite a verza íase estropeando e ía collendo outras polas hortas para cambiala.

Dunha vez andamos pola parroquia nas casas coñecidas, e logo marchamos camiñando a outro lugar e cruzámonos cun veciño que viña nun burro, e este ao vernos, con cara de medo, dixo non me asustedes o animal, e o asustado era el! E sen deixar de miralo metémonos detrás dunha árbore grande, e vaia se marchou lixeiro. Moito rimos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s