Eu quería ser de Torres

eu-queria-img_2666.png

Eu de cativa era preguntona, como son as cativas todas. Daquela de Torres viñan moitas rapazas á herba, aos prados que quedaban xunto a Abercovo. Ao mellor en vez de ir á escola mandábanche ir traballar, e alí estaban aquelas rapazas collendo na herba coma eu. Fixémonos amigas.

Como nós pertencemos a Vilachá? eu quería ser de Torres, dicíalle eu a miña madriña.

Ela contábame que moi antigamente Abercovo era de Vilarmaior e o Vilariño de Vilachá. Daquela os ríos levaban moita máis auga e cando chovía moito enchían as pontes. E contaban que cando isto acontecía non podían pasar cos mortos para enterralos e tiñan que esperar que baixase o río. Disque o cambiaran por iso. Foi moito tempo atrás, seguramente aconteceu antes do 1752, porque no Catastro de Ensenada xa aparece Abercovo como parte de Vilachá. Non atopas ninguén que o vivira, só queda a historia que foi contándose e quedando na memoria a través dos séculos.

Miña madriña era moi relixiosa e cando podía ir algo á misa levábame con ela. Pero aquel camiño para irmos ata o Cruceiro, , uf! o camiño do Curvo. Daquela eran penedos e pedras, e ao ser en pendente a auga baixaba e escangallaba o camiño todo. Acordo eu que ían amañar o camiño para ir cavar e ao molime. Miña nai ten ido. Eran montes pendentes coma o demo.

Iamos polo camiño do Curvo para todo. Eu tiña medo de ir por aló arriba. O camiño era tan difícil que papá decidiu falar coa mestra de Vilachá para que me autorizase ir á escola de Torres. E así foi. Puiden ir á escola coas miñas amigas.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s