Co cu dunha taza

co-cu-3.png  Cando rompía un pocillo ou unha taza na casa eramos felices. Saltabamos en banda para a cociña a apañala e quen a conseguía xa tiña unha chapa.

As chapas servían para xogar á chapa, unha variante ao noso xeito da mariola. Pintabamos uns cadrados no chan, e tiñamos que ir pasando a chapa dun cadrado ao outro, movendo a chapa co pé, ás veces á pata coxa. Tes que tentear a forza coa que lle das á chapa. A chapa non podía pisar a liña.

Eran o noso tesouro. As tiñamos que preparar. As veces faciámolas con lousas gordas que recortabamos ou afiábamos con pedra para que quedasen ben bonitas para xogarmos con elas. Dabámoslle forma normalmente redondiña, ou cadrada, pero que quedase ben para podermos andar con ela. O mellor era co cu da taza porque era máis lixeiro.

Tamén xogabamos a outras cousas.

No recreo da escola poñiámonos todas cos brazos enganchados unhas coas outras, e unha por encima, e a manteala como se tivésemos unha manta. Diso acórdome ben.

Xogabamos ao brilé, ao escondite ou tulé, á billa ou billarda ou á comba. Coa comba cantabamos moitas cancións. Aínda o outro día fixemos unha comba trenzando as cordas azuis que veñen coa palla, as que son grosas, e as cativas pasaron a tarde enteira xogando con ela.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s