A festa era o camiño

  As festas das parroquias antes éranche moito neniña. No verán iamos ao San Ramón en Doroña, a Grandal, a Queixeiro, a Torres, a Monfero, sen contar ás de Vilachá. Ás de Torres iamos co carro e algunhas veces ficabamos varios días alí na casa duns parentes, cociñando, comendo, durmindo no faiado, e rindo moito.

Había unhas mozas tan guapas en Vilachá! E mozos! Houbo un tempo no que chegabamos as de Vilachá e xa enchiamos a festa de Torres.

Cando iamos ás festas de Pontedeume baixabamos pola mañá camiñando moitos mozos e mozas do lugar. Levabamos unhas tortillas ou o que fose e iamos comer ao piñeiral de Cabanas. Pasabamos moi bos ratos, e coma sempre o mellor da festa era o camiño. Faciamos máis festa no camiño que alí.

Logo na praia, nosoutras non nos bañabamos. Mais os rapaces si que se metían ao mar, aínda que fose en calzón. Algún tense metido co de diante para atrás e listo, e miñas amigas mais eu veña a rir.

  Despois iamos bailar á festa, e xa pola noite volviamos no coche. O coche daquela esperaba xunto ao campo da festa, e cando xa paraba de tocar a orquestra, estaba o condutor esperando por nós para subir á xente ás aldeas. Enchiámolo case nós, entre a xente do lado do Casal e do Loureiro, do Piñeiro e do Candedo.

  O coche deixábanos xunto a uns carballos que había acolá embaixo. Aínda despois quedabamos falando e con contos dúas horas, antes de separarnos e xa ir cadaquén para a súa casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s