A agonía da morte

morte-img_26592.png  Contan que nunha casa da parroquia estaba para morrer un home. Estaba moi moi maliño, e os veciños e parentes viñan visitalo cada pouco. Ao redor da cama lamentábanse da inminente morte do seu compadre, tío, amigo e veciño. El ás veces tiña moitas dores e espertábase levantando as mans, entreabría os ollos e miraba a xente que lle rodeaba, e dicía vou! mentres movía a man despedíndose. Daquela a xente emocionábase máis e comezaban a chorar e laiar. Aos poucos, o home volvía á vida e repetía a escena vou! e daquela volvía a despedirse movendo a man dun lado ao outro. E a xente, ao redor da cama, veña a chorar e chorar. E así, varias veces, aquel home despediuse do mundo. Logo foi pasando todo o día e foi pasando a xente toda, e o home despediuse da súa parroquia.

  A miña avoa contoume moitas veces todas as mortes que ela viviu na casa. Ela dicía que antes a xente moito tiña que sufrir para morrer.

  Un día a madriña de meu pai, el daquela tiña 9 anos, púxose moi mala. Ela dixo que ía subir ao piso, ao seu cuarto, para descansar. Daquela as escaleiras eran moi empinadas que non son como as de hoxe, que teñen descansillo, e meu pai ofreceulle madriña, súbote eu ao lombo, e seica ela respondeu non podes neniño, se me sobes ao lombo sobes os meu 90 anos. Esa noite pasouna coa tía pendente dela, e ao día seguinte, morreu.

  Moito temos falado da morte na casa.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s